jueves, 15 de noviembre de 2012

Record de afluencia para os viños DO Valdeorras en Madrid, que xa preparan a próxima presentación de Bruxelas

Fotos e info: Jorge Mazaira
 Novo éxito da DO Valdeorras en Madrid que, tras superar de forma folgada o milleiro de visitantes, xa prepara a súa próxima posta en escena os días 26 e 27 de novembro en Bruxelas.

A presentación DO Valdeorras de 2012 en Madrid disparou as previsións de afluencia e, ante un público envorcado coa calidade dos viños, superouse de forma moi folgada o milleiro de visitantes do ano pasado ano.

"A última hora da mañá contabamos con ao redor de 150 persoas reunidas no salón do Palace, bastante máis que o ano pasado, o que demostra o crecente interese da xente polos nosos viños, que atopan cada ano mercados máis amplos a nivel nacional e internacional" afirma Jorge Mazaira, responsable técnico do Consello Regulador.


O acto viuse referendado ademais de por a alta afluencia, polas grandes valoracións dos asistentes con respecto aos caldos 2011, todo iso engadido ao trato recibido por parte de Consello Regulador e das 18 adegas DO Valdeorras presentes no acto.

Tras este novo recoñecemento recibido por parte do público madrileño e sumado ao cultivado o mes pasado por parte do público especializado neoyorkino; o Consello Regulador e as adegas DO Valdeorras volven preparar as maletas para compartir a excelencia dos seus viños co público belga, na próxima presentación que se celebrará os días 26 e 27 de novembro en Bruxelas.


Nun acto dentro do cal se adicará o primeiro día en exclusiva a unha cata para o sector profesional do país; estenderase o seu radio de acción ao sector especializado internacional o segundo día, no centro da Fundación Galicia-Europa.

A través desta presentación preténdese reafirmar a gran aceptación que os viños DO Valdeorras teñen en Bélxica, tal e como ratifica cada ano o Concurso Mundial de Viños de Bruxelas, onde sempre se outorgan máximos recoñecementos para os viños da DO.

Con esta pequena crónica pechamos a presentación de Madrid, non sen facer chegar o agradecemento de adegas e Consello Regulador DO Valdeorras a todos os asistentes, e abrindo unha nova porta á próxima presentación de Bruxelas, da que vos iremos mantendo cumplidamente informados dende A nai do viño e Un universo en cada botella.

No hay comentarios:

Publicar un comentario