miércoles, 27 de junio de 2012

Ourense converterase na capital galega do viño con "Auria Vinum"

 Ourense confirmarase como un dos centros neurálxicos do viño os próximos 2, 3 e 7 de xullo, a través do evento "Auria Vinum".

Tras os primeiros avances, o acto dedicado ao gran público desenvolverase o sábado 7 de xullo a través do particular túnel do viño da capital ourensá, contando cunha ampla representación do sector do viño galego: as 4 Denominacións de Orixe situadas na provincia de Ourense, a Asociación Galega de Viticultura (AGV), Federación Rural Galega, a Asociación Galega de Sumilleres (AGASU) e Javier González representante do colectivo de Vangarda Culinaria de Galicia "Grupo Nove".


O evento, que se ampara baixo o selo institucional de "Ourense Capital Termal"
 e "Concellería de Turismo - Concello de Ourense", celebrarase no Museo Municipal da capital de As Burgas (Rúa Lepanto 6 - Ourense) , onde cada adega participante contará cun micro espazo de atención ao público.

Polo módico prezo de 5 euros, os asistentes poderán degustar a calidade de todo o amplío panorama de viños galegos; ofrecéndose, a maiores, a posibilidade de participar nunha cata maridaxe dos caldos das 4 denominacións de orixe fincadas en Ourense, todo iso dirixido polo prestixioso Cheffs da vangarda gastronómica galega e integrante de Grupo Nove, Javier González ( Restaurante a Rexidora).

 Cunha ampla representación das adegas DO Valdeorras (polo momento confirmaron a súa participación Adega Alan de Val e Adega José Aristegui, pero prevese confirmación do groso total das adegas adscritas a esta DO) presentaranse diversas propostas vinícolas, que baixo o modelo "Show Room", ofrecerán dende catas exclusivas a maridaxes gastronómicas cos máis apreciados produtos de Galicia.

A reserva de participación para a cata-maridaxe pódese realizar a través do teléfono: 988 388 108

Fai click sobre a imaxe para ampliar información
 Como complemento ineludible enfocado aos profesionais da restauración, os días 2 e 3 de Xullo realizaranse as catas dirixidas ao sector hostaleiro na contorna do Restaurante Café Maimón ( estrada de Reza, Paque do Maimón - Ourense). Esta iniciativa  realizarase baixo a batuta de Antonio Portela (comunicador especializado e prestixioso blogger) e Carlos Portela (Campión Galego de Catadores), ambos os integrantes da Asociación Galega de Sumilleres (AGASU).

Os profesionais da restauración poden reservar a súa praza de participación no seguinte teléfono: 988 388 108

Fai click sobre a imaxe para ampliar información
 A medida que se vaian facilitando máis datos, irémosvolos transmitindo a través do Blog "Un universo en cada botella" e desde as contas de Socialmedia de "La madre del vino"

No hay comentarios:

Publicar un comentario