lunes, 25 de junio de 2012

Medalla de Ouro en San Francisco para o Godello Bioca 2011

 Outra nova medalla de Ouro para o Godello DO Valdeorras desde Estados Unidos e, esta vez, nin máis nin menos que dende California  a través do concurso San Francisco International Wine Competition, quen outorgou a súa medalla de Ouro a Bioca Godello 2011, de Adegas María Teresa Núñez Vega.

Bioca 100% Godello, elaborado pola adega María Teresa Núñez Vega e quen se fixo acredor de multitude de premios internacionais para a súa colleita 2011, foi galardoado co ouro nun dos concursos internacionais máis prestixiosos en Estados Unidos.

As súas notas de cata son as seguintes: "Cor limón, estilo floral moi acusado, con xasmín e azahar. Bo nivel de acidez, intenso no medio padal, capas de complexidade e un final longo".

 O concurso San Francisco International Wine Competition é a maior e máis influente competición de viños en Estados Unidos. Os caldos son valorados por un prestixioso panel de expertos recoñecidos a nivel internacional e as cualificacións baséanse nun procedemento de cata a cegas, asegurando a integridade do concurso.

 O Concurso de 2012 foi o máis grande da súa historia, con máis de 4.500 viños procedentes de 29 países e 26 estados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario