lunes, 23 de abril de 2012

As adegas DO Valdeorras abrirán as súas portas ao gran público o próximo 26 de Maio

 O próximo 26 de Maio, as adegas DO Valdeorras incluídas na Ruta do Viño realizarán unha xornada de portas abertas co fin de compartir as súas excelencias co gran público.

Do mesmo xeito que o resto de adegas das diferentes DO galegas adscritas á iniciativa de que se ampara baixo o nome de "a ruta do viño", as adegas DO Valdeorras realizarán unha xornada de portas abertas nas que o público en xeral poderá valorar a excelencia dos seus apreciados viños, ofrecendo á  maiores, entrada gratuíta para coñecer as súas instalacións e todo isto amenizado por diferentes actos culturais e ofertas gastronómicas.

Por medio desta iniciativa preténdese achegar ao público adxacente a excelencia duns dos viños máis de moda no panorama internacional, fomentando a variada oferta turística e enolóxica desta rexión. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario